CRTVG

Buscar

A primavera despídese esta semana con chuvia e frío

Publicado o 16/06/2020 14:03

A primavera despídese esta semana con nubes, auga e temperaturas baixas en toda Galicia. Tempo moi cambiante o destes días, pero para os meteorólogos nada estraño para a época do ano en que estamos.

Despois dun mes de maio inusualmente caloroso, xuño obrigou a abrigarse de novo. Son os últimos días de tormenta desta primavera que o sábado deixará paso ao verán.

De momento, haberá que agardar ata a fin de semana para que o previsible regreso do bo tempo reemprace o frío e a chuvia cos que Galicia estreou a súa nova normalidade.

 

 

Noticias web

16/06/2020