CRTVG

Buscar

Xúlgase a presunta neglixencia médica que lle custo a vida a unha nena coruñesa

Publicado o 11/04/2019 14:05

Na Coruña, unha trintena de persoas concentráronse ás portas do xulgado esixindo que se esclarezan as responsabilidades no falecemento dunha pequena de catro anos que faleceu en abril de 2010 a consecuencia das complicacións xurdidas tras ser operada nun hospital da cidade. 
Agora, nove anos despois, celébrase o xuízo. A nai da pequena confía en que por fin saia todo á luz e que despois a xustiza actúe en consecuencia.

Familiares e amigos de Eva Varela, a pequena de catro anos que faleceu hai nove nun hospital da Coruña, piden xustiza no día en que se está a celebrar a vista oral en Madrid para poder esclarecer e depurar responsabilidades no falecemento da cativa.

Paula Puig Pérez, a nai de Eva explicou que:  "A miña filla foi operada de amígdalas e vexetacións nun hospital da Coruña. Despois da operación sufríu unha baixada de sodio. Chamaron dous pediatras para que a trataran, pero nin a medicación nin os tempos foron os axeitados".

Conta que estes nove anos estiveron cheos de malos recordos e moito sufrimento. Porén agora, ela e os seus, confían en que saia á luz toda a verdade.

Un amigo da familia manifestou"Estes pais, loitadores ata o final, fixeron todo o que estivo nas súas mans. Agora son a voz que clama a pequena Eva estea onde estea".

E despois, din, que a xustiza actúe en consecuencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/04/2019