CRTVG

Buscar

A presión hospitalaria marca valores máximos con 1.271 hospitalizados, 178 nas UCI

Publicado o 27/01/2021 10:17

• Hai 1.093 en planta (+62) e 178 nas UCI (+8), cifras récord

• Sobe a positividade por riba do 10 %, o dobre do recomendado

A presión hospitalaria marca valores máximos con 1.271 hospitalizados, 178 nas UCI

Continúa a tendencia ascendente da terceira vaga en Galicia. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 21.293 casos activos, 812 máis, logo de 1.586 novos contaxios diagnosticados onte, 1.297 por PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición dos casos activos é:

• A Coruña: 5.679 (+290)

• Vigo: 3.680 (+50)

• Santiago: 3.309 (+67)

• Ourense: 2.980 (+114)

• Pontevedra: 2.022 (+82)

• Lugo: 1.954 (+156)

• Ferrol: 1.669 (+53)

 

Valores máximos en UCI

Hoxe Galicia supera o seu máximo da pandemia en camas UCI do 4 de abril (177): hai 178 persoas nas UCI (+8) e o ritmo apunta a que seguirá incrementándose durante un tempo. No que respecta ás persoas hospitalizadas en planta, rexístranse 62 persoas máis, ata as 1.093.

A cifra de vítimas no que vai de pandemia acada as 1.659, logo de que o Sergas notificase onte dez falecementos por mor da covid−19. No que vai de ano faleceron 250 persoas en Galicia pola doenza.

Sobe a positividade

Os datos indican que se realizaron 12.302 probas PCR (+1.377), das cales deron positivo 1.297 (229 máis ca onte). Isto revela unha positividade dun 10,54 %, 0,77 puntos menos ca onte.

Mapa de incidencia po concellos