CRTVG

Buscar

Podemos marca distancias co PSOE nunha sesión de control tensa con Albert Rivera

Publicado o 20/02/2019 14:26

Unidos Podemos marcou distancias co PSOE. Din que non son de fiar e que aplican recortes pola porta de atrás. Sánchez recriminoulles o bloqueo do pacto sobre as pensións. E no debate con Ciudadanos, non respondeu á pregunta de se volvería negociar cos independentistas tras as eleccións. 

Albert Rivera, presidente de Ciudadanos: "Nunca poderemos apoiar un presidente como vostede na seguinte lexislatura. Metinme en política para que non haxa presidentes como vostede. Para que ninguén presida un Goberno pactando cos que queren romper o meu país".

Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "Despois da foto que fixo vostede en Colón... Vostede debe ter un armario cheo de chaquetas. O domingo pasado deixou a chaqueta do suposto liberal e puxo unha que ole a naftalina, a da ultradereita".

Irene Montero, voceira de Unidos Podemos: "Quero que confirme se é verdade que deron unha orde, ata agora secreta, de que ningún ministerio gaste máis do 50 % presupostado, que xa era ridículo. É a proba máis evidente de que vostedes non son de fiar".

Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "Paréceme que vostedes se equivocaron nalgunhas cuestións. O erro que cometeron onte bloqueando o Pacto de Toledo e non podendo chegar a un acordo que me parecería importante para este país".

 

Noticias web

20/02/2019