CRTVG

Buscar

A praia dos Cristais de Laxe, con area de vidro, unha xoia oculta na Costa da Morte

Publicado o 05/07/2020 19:13

A praia dos Cristais de Laxe é unha pequena cala con area de vidro que evidencia o poder transformador do mar. As correntes puíron ao longo dos anos miles de fragmentos de cristal procedentes dun antigo vertedoiro próximo e crearon un espazo singular, unha parada obrigada no Camiño dos Faros. 

Xa ninguén chama á praia dos Botiños polo seu nome orixinal. Hai anos que esta pequena cala situada ao oeste do cabo de Laxe é a praia dos Cristais, un areal multicor creado pola acción implacable das correntes oceánicas. A natureza corrixiu o desastre causado polos humanos. Durante anos e anos o mar puíu os anacos de vidro de miles de botellas guindadas sen control nun vertedoiro próximo. Transformou o lixo en beleza.

Hai uns días a praia dos Cristais apareceu na revista de viaxes de National Geographic. O tesouro dos veciños de Laxe é un lugar en que deterse no Camiño dos Faros, douscentos quilómetros a pé entre Malpica e Fisterra, sempre co mar dominando a paisaxe. Oito etapas para descubrir a pé a beleza da Costa da Morte.

Noticias web

05/07/2020