CRTVG

Buscar

A praga da couza mantén en alerta os produtores de pataca na zona de Carballo

Publicado o 05/12/2019 09:16

Falamos co alcalde de Coristanco sobre os novos gromos de Couza, na pataca que se detectaron na comarca e Bergantiños. De momento, están en alerta Coristanco, A Laracha e Carballo.

A praga detectouse hai dúas semanas na Laracha e Carballo. O Concello de Coristanco aínda non está afectado pero os produtores están preocupados pola proximidade.

Agora tratan de tomar precaucións para que a couza non chegue as explotacións do concello. Para iso, vanse reunir os alcaldes da comarca con responsables da Consellería de Medio Ambiente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2019