CRTVG

Buscar

A potencia dos fogos artificiais da Coruña rebenta os cristais dunha vivenda

Publicado o 16/08/2019 18:12

A batalla naval da Coruña resultou un tanto accidentada. O estourido da traca final foi tan potente que rebentou os cristais dunha das ventás dunha vivenda próxima ao lugar do lanzamento dos fogos. Afortunadamente non houbo danos persoais.

Demasiados decibelios nos fogos artificiais da batalla naval da Coruña. A potencia da traca fnal foi tan grande que a onda expansiva rebentou os cristais dunha das fiestras dunha vivenda próxima ao lugar do lanzamento dos fogos, na explanada de Riazor. Os propietarios da vivenda levaron, sen dúbida, o susto da súa vida.

Mónica Barros Propietaria da vivenda afectada " Estabamos na casa eran os fogos artificiais da batalla naval e na útima traca, pareceunos máis forte, parecéunos máis forte do normal de súpeto, estourou coa onda expansiva a ventá da sala de estar"

Os bombeiros retiránronlle os cristais que corrían maís risco de caer á rúa, pero na ventá aínda quedan cristais que segundo os propietarios poden caer en calquera momento. Sinalan que, ante este perigo,é o concello o que ten que darlles unha solución de urxencia.

Mónica Barros Propietaria da vivenda afectada "Nós non sabemos quen é a pirotecnia, nós non sablemos nada, son contratacións que fai o concello, entón ten que ser o concello o primeiro en resolver unha situación que ten certo carácter de urxenci, insisto, polo risco dos cristais da miña fiestra aínda pendurando,literalmente pendurando sobre a estrada"

Outros veciños din que a batalla naval foi espectacular, pero tamén cre que a traca final dos fogos foi demasiado potente. "A verdade que si foi moi forte, moi forte. O último petardazo foi moi bonito pero moi forte, moi forte. Caeu o crstal da ventá, o máis importante é que non pasaba ninguén nese momento" "Para min si, para min si. Eu non o vin en directo, pero eu vivo aí enriba e case movíase a casa"

O estourido final dos fogos tamén afectou a un dos cristais dun colexio próximo. Afortunadamente só houbo danos materiais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019