CRTVG

Buscar

A Ponte Maceira entra no club das vilas máis bonitas de España

Publicado o 24/01/2020 14:29

A Ponte Maceira xa forma parte, de xeito oficial, da lista das 94 vilas máis bonitas de España.

Os seus pouco máis de 60 veciños poden presumir deste recoñecemento, que valora a riqueza artística, histórica e natural do lugar.

A localidade, cruzada polo río Tambre, está no límite entre os concellos coruñeses de Negreira e Ames.

A Ponte Vella destaca sobre o río. É un sitio de paso de peregrinos entre Compostela e Fisterra.

O lugar ten un dos conxuntos más harmoniosos e mellor coidados de todas as rutas galegas do Camiño de Santiago.

Entre as valiosas obras arquitectónicas, destacan tamén os antigos muíños ao carón do río, o pazo de Baladrón e a capela de San Brais.

Ten méritos de sobra para ser unha das vilas máis bonitas de España, tras superar unha auditoría de calidade de máis de 40 indicadores.

Súmase ao conxunto de localidades recoñecidas como xoias patrimoniais, do que xa forman parte as vilas galegas de Mondoñedo e Castro Caldelas.

Noticias web

24/01/2020