CRTVG

Buscar

A ponte da Constitución deixou 18 mortos nas estradas españolas

Publicado o 10/12/2019 18:28
A ponte da Constitución deixou 18 mortos nas estradas españolas

Dezaoito persoas morreron noutros tantos accidentes ocorridos nas estradas españolas durante a ponte da Constitución.

A xornada máis tráxica foi a do domingo, con seis falecidos. Entre as vítimas hai catro motoristas e catro peóns.

A maioría dos accidentes foron colisións entre vehículos e, dos dezaoito accidentes, quince producíronse en vías convencionais.

No que vai de ano, 1.033 persoas faleceron en accidentes de tráfico.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019