CRTVG

Buscar

A política migratoria provoca as primeiras diferenzas na coalición de goberno

Publicado o 20/02/2020 14:15

Podemos admite que non comparte o endurecemento da lei de asilo que prepara Interior, como non lle gusta que se eleve a altura dos valados fronteirizos en Ceuta e Melilla pouco despois de eliminar os polémicos arames con coitelas. Iso si, non o expresan igual os membros da formación morada que forman parte do Goberno que os que non o están.

O outro foco de discrepancias entre os socios de Goberno está na futura lei de liberdades sexuais. Aquí Podemos sinala o ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, pois entende que a súa tramitación se está a atrasar máis do debido. O obxectivo dos de Pablo Iglesias é aprobala no Consello de Ministros antes do 8 de marzo.

Noticias web

20/02/2020