CRTVG

Buscar

Rescate angustioso da Policía Nacional en Vigo dun home que pretendía suicidarse

Publicado o 07/12/2019 15:20

Un membro do corpo da Policía Nacional agarrouno pola capucha do chándal cando se tiraba ao baleiro, e outro tivo que agarrar o seu compañeiro polos pés, de xeito que quedaron os dous primeiros suspendidos no aire. 

Unha chamada a un amigo alertou a última hora do venres os servizos de seguridade da intención dun varón de acabar coa súa vida nas proximidades do estaleiro Barreras, na marxe sur da ría de Vigo. 

En canto se tivo noticia da súa intención, a Policía Nacional puxo en marcha todos os recursos para unha misión sen tempo para actuar.

Cando chegaron á dársena, atoparon unha persoa cunha soga ao pescozo e á súa vez atada a un punto desde onde pretendía lanzarse á auga.

A rápida actuación dos axentes evitou o fatal desenlace, non exento de risco tamén para os seus salvadores.

Noticias web

07/12/2019