CRTVG

Buscar

A Policía Local de Ares utiliza dúas aplicacións para axilizar os controis

Publicado o 20/05/2020 14:30

A Policía Local de Ares grava co teléfono o paso dos coches, e con este xesto sinxelo e a través dunha aplicación, ten a información do vehículo para decidir se o para ou non.

Jaime Alberto Domínguez Fernández, oficial xefe da Policía Local de Ares: "O que fai a app é que e menos dun segundo achega datos sobre o coche que vén de fronte, antes de pasar polo noso filtro. Informa se está todo correcto, a ITV e o seguro, se o coche é robado ou non. E ten algo novo, indica se é da provincia ou de fóra".

Se deciden parar o vehículo, utilizan outra aplicación innovadora para ter información das persoas e que, din os axentes, ten vantaxes. So hai que escanear o DNI.

Jaime Alberto Domínguez Fernández, oficial xefe da Policía Local de Ares: "Por unha banda, evitamos que a policía local toque as obxetos das persoas, o seu DNI porque o escanea directamente e, por outra banda, achega datos da persoas, sabes se é do municipio, da provincia da comunidade autónoma".

En Ares desenvolven o proxecto piloto desta aplicación. Na fin de semana xa puxeron varias denuncias por incumprir as restricións, varias a reincidentes.

 

Noticias web

20/05/2020