CRTVG

Buscar

A policía retíralles a dous irmáns 17 cans nunha vivenda en ruínas no barrio da Graña de Ferrol

Publicado o 11/06/2020 15:13

De toda a vida do barrio ferrolán da Graña, a situación destes dous irmáns é ben coñecida pola veciñanza.

As numerosas denuncias sobre o estado da vivenda, co teito derrruído, chea de obxectos inservibles e lixo, e sobre a situación en que convivían con 17 cans, propiciaron onte a intervención policial na casa. No interior a imaxe era peor do que agardaban.

Os cans foron trasladados ao refuxio de Mougá, onde están a avaliar o seu estado. Os dous irmáns foron trasladados ao hospital Arquitecto Marcide para parcaticarlle unha avaliación psicolóxica, se ben regresaron á vivenda á última hora de onte.

Esta mañá saíron na busca dos cans, sen que conseguisen que llelos devolvesen.

Os veciños agardan que a intervención dos servizos sociais lles proporcione a estes dous irmáns a atención que precisan.

Noticias web

11/06/2020