CRTVG

Buscar

A policía disolve un botellón con 200 persoas en Ourense

Publicado o 02/03/2021 13:13

A Policía Nacional e a Policía Local disolveron en Ourense un botellón con 200 persoas. Os feitos aconteceron na praza de Santo Antón, no centro da cidade.

O sábado recolleron ás seis, pero o alivio das restricións e o bo tempo animaron a xente, que non quería ir para casa, e moitos que colleron bebidas para levar que se serven nestas cafeterías quedaron aquí na praza, e outros, segundo nos contan os veciños, mercaron bebidas nos supermercados.

Xa pola noite, a Policía Nacional e a Policía Local achegáronse ata alí e disolveron ese macrobotellón. Identificaron 200 persoas, e, segundo a Delegación do Goberno, tamén os hostaleiros que estaban servindo esas bebidas para levar.

O xerente dun dos bares desta céntrica praza de Ourense que a partir das seis continúa aberto só para levar di que el cumpriu en todo momento a normativa sirvindo na porta e que el non é responsable de onde consume a xente.

Veciños da praza de Santo Antón din que acotío se incumpren aquí as restricións, e outros hostaleiros din que pechan as seis para non formar parte do que acontece nesta praza.

Dende a Delegación do Goberno din que neste caso non foron propostos para sanción por ser recente a nova normativa, pero que con condutas incívicas coma esta, din, as forzas de seguridade amosaranse a partir de agora inflexibles.

Noticias web

02/03/2021