CRTVG

Buscar

A policía detén o Pequeno Nicolás por agredir e intentar acoitelar un camareiro

Publicado o 21/11/2019 09:33
A policía detén o Pequeno Nicolás por agredir e intentar acoitelar un camareiro

A Policía Nacional detivo a Francisco Nicolás Gómez Iglesias, máis coñecido como o Pequeno Nicolás, por pegar e tentar acoitelar o camareiro dun restaurante de comida rápida da madrileña zona de Azca, e a un amigo seu por resistencia e desobediencia á autoridade, informaron a Europa Press fontes da Xefatura Superior da Policía de Madrid.

Os feitos ocorreron pouco despois das 22 horas deste martes, cando os dous mozos sentaron a cear nunha pizzería italiana, radicada no número 10 da rúa Ourense, situada xunto a unha coñecida discoteca da zona. Ao parecer, ambos empezaron a increpar a unha camareira e ante a súa persistencia, o dono decidiu entón expulsarlles do local. Nese momento, o Pequeno Nicolás colleu un coitelo e tentou cravarllo a un dos camareiros, que se protexeu, pero que finalmente recibiu unha puñada na cara e cortes nas mans.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019