CRTVG

Buscar

A policía descobre en Lugo unha veciña que salta a corentena tras sufrir un accidente

Publicado o 25/09/2020 11:00

A policía descobre en Lugo unha veciña que estaba saltando a corentena tras sufrir un accidente. 

Non cesan as denuncias na cidade por incumprir as medidas sanitarias. A última infractora é unha veciña que requiriu asistencia tras sufrir un accidente. Ao contactar co 061, este servizo confirmoulles aos axentes que estaba diagnosticada de covid e que non se presentara a realizar unha segunda proba que tiña xa concertada para comprobar se seguía sendo positiva.

A muller foi denunciada por neglixencia grave por incumprir a corentena e poñer en risco a saúde doutras persoas. Unha conduta que lle pode saír moi cara, xa que as sancións por este tipo de infracción oscilan entre os 3.000 e os 15.000 euros.

 

 

Noticias web

25/09/2020