CRTVG

Buscar

A policía desaloxa varios locais de hostalería de Lugo por non cumprir coa normativa sanitaria

Publicado o 23/09/2020 16:57

É a sexta intervención que realiza a policía dende que entrou en vigor o peche do ocio nocturno. Unha situación que tamén denunciaron en varias ocasión as autoridades sanitarias tras detectarse o gromo da cidade.

Son locais que saltan a normativa, teñen licenza de bar pero abren de madrugada e no seu interior non se respecta ningunha das medidas sanitarias, os clientes están sen máscara e fumando.

A normativa actual, como medida de prevención da covid-19, establece que estes negocios deben pechar á unha da madrugada, pero a partir das 12 xa non se permite a entrada de novos clientes.

Os establecementos infractores xa foron denunciados.

Noticias web

23/09/2020