CRTVG

Buscar

A policía desaloxa unha discoteca con 150 persoas en Madrid

Publicado o 05/06/2020 09:28

Por moitas chamadas que se fan para cumprir as normas, sempre hai quen vai por libre. 
A policía tivo que desaloxar unha discoteca en Madrid. Nin máscaras nin distancia de seguridade. A denuncia dun veciño alertou a policía, que non dubidiu en desaloxar as 150 persoas que había no seu interior e mandar para a casa as outras 85 que estaban agardando na porta para poder entrar. 

A discoteca levaba horas aberta e dera incluso ceas. O dono do local asegura que pedira o día anterior a licenza de terraza e que estaba dentro da capacidade permitida. 

 

Noticias web

05/06/2020