A policía desaloxa 272 festas ilegais en Madrid esta fin de semana
Publicado o 01/03/2021 08:31

A policía interveu en Madrid 272 festais ilegais na fin de semana. Axentes da Policía Municipal, en colaboración coa Nacional, desaloxaron unha festa nun local do distrito de Villaverde onde había 65 persoas fumando cachimbas, sen máscara e sen respectar a distancia.
Denunciaron 42 persoas e o local. Tamén interviñeron en Vallecas. En total, na fin de semana desaloxaron 272 festas, 81 o venres e 191 o sábado.