CRTVG

Buscar

A policía de Lugo intenta porlle freo ás carreiras ilegais nas Gándaras

Publicado o 25/06/2019 12:24
A policía de Lugo intenta porlle freo ás carreiras ilegais nas Gándaras

A Policía Local de Lugo ponlle cerco os participantes nas carreiras ilegais no polígono das Gándaras. Na fin de semana identificaron 35 coches, pero chegaron a concentrarse na zona un cento de vehículos. Os axentes montaron varios controis e tramitáronse varias denuncias por exceso de velocidade e alcolemia.

Os participantes nestas quedadas negan que se fagan competicións. Dende a Policía Local sinalaron que van perseguir este tipo de condutas para velar pola seguridade viaria da cidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019