CRTVG

Buscar

A policía de Alabama rescata unha muller que acababan de secuestrar

Publicado o 02/01/2020 15:10

Este é o momento preciso en que conseguen liberar a muller secuestrada. Antes, durante a fuxida, o raptor estivera a piques de atropelar un policía. Pero finalmente os axentes conseguiron que detivera o vehículo. Rexistrárono ás présas, coa pistola nunha man e na outra un martelo para mellor acceder canto antes ao maleteiro. De alí, de entre as mercadorías amoreadas, proviñan os berros de muller que confirmaban o motivo da alerta.

Fora unha chamada o que activara esta inmediata resposta dos axentes. As imaxes que difundiu a propia policía de Alabama evidencian a tensión dun rescate no momento xusto.

A historia non rematou coa liberación da muller retida contra a súa vontade: o seu captor aínda se encontraba no interior da furgoneta. Aí mesmo o detiveron, acusado de secuestro e intento de asasinato. A ela trasladárona ao hospital.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2020