CRTVG

Buscar

A policía controla o tráfico e os accesos nalgúns concellos ourensáns

Publicado o 17/10/2020 21:29

E malia unha lixeira mellora nos últimos días, segue a preocupar a situación na área sanitaria de Ourense.

Segue a preocupar porque medra o número de contaxios. Houbo 97 nas últimas 24 horas e os casos activos chegan aos 1.610. Con todo son varios os concellos da provincia que levan días con novas medidas encamiñadas a poñerlle freo a eses contaxios.

No concello do Carballiño as forzas de seguridade controlan a entrada e saída dos vehículos. Tanto aquí como no Irixo ou en Boborás, non se permite entrar nin saír de non ser por un motivo xustificado. Hai ademais outros avances encamiñados a poñerlle freo a pandemia: o colexio de farmacéuticos de Ourense xa se está preparando para realizar test rápidos nos municipios máis afectados da provincia.


 

Noticias web

17/10/2020