CRTVG

Buscar

A policía confirma seis mortos nun tiroteo no sur de Alemaña e a detención do autor

Publicado o 24/01/2020 15:38
A policía confirma seis mortos nun tiroteo no sur de Alemaña e a detención do autor

O tiroteo ocorrido na localidade de Rot am Seen, no sur de Alemaña, provocou seis mortos e varios feridos, confirmaron fontes policiais, segundo as cales o autor foi un só home, que xa foi detido.

Entre o autor do ataque, un alemán, e varias das vítimas existía unha relación persoal, precisou esa fonte, sen concretar máis detalles, en declaracións á canle informativa de televisión NTV.

Ao parecer varias das vítimas pertencían a unha familia, aínda que non todos os mortos eran membros desta.

Os disparos producíronse sobre o 13.45 nun local desa pequena localidade do 'land' de Baden  Württemberg, cuns 5.200 habitantes.

A policía presentouse no lugar cun forte dispositivo e pouco despois produciuse a detención do agresor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí