CRTVG

Buscar

A Policía Autonómica patrulla o Camiño de Santiago

Publicado o 05/08/2020 15:35

Despois da parada pola covid-19, o Camiño de Santiago vai recuperando pouco a pouco peregrinos. A Xunta puxo en marcha o dispositivo de vixilancia para garantir a seguridade no Camiño.

Unha vintena de axentes patrullan cada día en toda Galicia. Desenvolven tarefas de prevención de roubos e venda ambulante non autorizada. Nun ano atípico por mor da pandemia, garantir a seguridade dos peregrinos que pouco a pouco volven a encher o camiño é prioritario.

Coa mirada posta no Xacobeo 2021, a Xunta pídelle ao Goberno central que reforce os efectivos da Policía Autonómica. 

Ademais de velar pola seguridade dos camiñantes e protexer o patrimonio natural, estes días os axentes entregan aos peregrinos unha funda reflectora para as mochilas coa que se pretende reforzar a idea de que a seguridade é cousa de todos.

Noticias web

05/08/2020