CRTVG

Buscar

A Policía Autonómica investiga varios artefactos incendiarios en relación cos últimos incendios

Publicado o 08/09/2019 14:00

A investigación tras os incendios rexistrados estes últimos días vai avanzando. Equipos da Policía Autonómica traballan sobre o terreo.

Nas súas pescudas destes días analizan artefactos incendiarios coma estes. Foron localizados polos profesionais do Servizo de Prevención e Defensa de Incendios Forestais.

A Xunta apela á colaboración cidadá para intensificar a loita contra a actividade incendiaria e pide a máxima cautela para non dificultar as investigacións que están en marcha par dar cos responsables.

Noticias web

08/09/2019