CRTVG

Buscar

A plataforma para detectar coronavirus nos centros educativos está xa en funcionamento

Publicado o 19/09/2020 21:18

A plataforma telemática para a xestión dos casos de coronavirus que se poidan detectar nos centros educativos está xa en funcionamento, segundo informa a Xunta. Educovid é unha ferramenta online diseñada como canle de comunicación interna entre os colexios e a Central de Seguemento de Contactos para xerar alertas e activar protocolos.

O obxectivo é facilitar o rastrexo do contactos e axilizar as decisións, nada máis que se detecta un caso positivo no centro. A plataforma está xa "plenamente operativa", tras a sesión formativa deste venres na que participaron os equipos covid dos centros de toda Galicia. Así pois, no momento en que un profesional ou un alumno teña unha PCR positiva os técnicos do Sergas poderán buscar o colexio ao que pertence e rexistrar unha solicitude dos contactos próximos dese positivo.

 

Noticias web

19/09/2020