CRTVG

Buscar

A pescada do pincho de Burela triunfa en Madrid

Publicado o 22/11/2019 15:33

En salsa verde ao estilo tradicional, ou con novas preparacións que nos trasladan ao Xapón. A pescada do pincho de Burela irrompe no Mercado das Marabillas de Madrid para ser unha marabilla máis.

Saborosa e saudable a raíña de Burela quere facerse un oco nas cociñas dos madrileños.

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo fará novas promocións nos mercados tradicionais de Madrid. Lembran a recomendación de consumir peixe, polo menos dúas ou tres veces á semana, como garantía de saúde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019