CRTVG

Buscar

A pataca galega terá o seu propio selo de calidade na Unión Europea

Publicado o 30/12/2019 19:58

A pataca galega terá o seu propio selo de calidade na Unión Europea. O Diario Oficial da UE xa publicou a solicitude para modificar o selo de Indicación Xeográfica Protexida, unha decisión moi ben acollida en todas as zonas produtoras.

O recoñecemento 'Pataca de Galicia' estaba limitado a esta zona de Bergantiños, Terra Chá, A Mariña-Lemos e A Limia. Todo o sector demandaba desde hai tempo que esa denominación se ampliase a todas as zonas produtoras da Comunidade. A consellería de Medio Rural anunciou que a UE acaba de iniciar os trámites, que aínda se alongarán no tempo porque o resto dos estados membros dispoñen de tres meses para presentar alegacións.

Actualmente, no selo de Indicación Xeográfica Protexida están inscritos 74 produtores que, no ano 2018, comercializaron case seis mil toneladas de pataca.

Noticias web

30/12/2019