A participación nas eleccións dos EUA pode acadar unha marca histórica
Publicado o 02/11/2020 16:39
Nos Estados Unidos, Trump e Biden apuran as últimas horas de campaña. O medo ao coronavirus impulsou o voto adiantado, ben presencial ou por correo, que duplica o de hai catro anos.
Testemuñas desta disputada carreira pola Casa Branca, os milleiros de galegos que residen nos EUA.
A pandemia fixo que case 92 millóns de persoas votaran xa por adiantado, de maneira presencial ou por correo, o dobre do rexistrado en 2016.
A participación podería superar os 150 millóns de votantes, unha marca que sería histórica nos EUA.
As enquisas dan como favorito a Biden pero todos lembran que tamén hai catro anos daban como favorita a Hillary Clinton.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 14:45
27/01/2021 14:25
27/01/2021 14:15