CRTVG

Buscar

A parella da muller degolada en Alacante confesa que foi o autor do crime

Publicado o 18/02/2020 20:26

O Concello alacantino de Teulada-Moraira decretou un día de loito oficial tras confirmarse que a veciña que apareceu onte degolada é un caso de violencia machista. O consistorio ademais convocou este mediodía unha concentración en repulsa por este asasinato machista. O corpo sen vida da muller, de 36 anos, foi encontrado dentro dun colector de lixo. A súa parella xa está detida. O home confesoulle á Garda Civil que foi o autor do asasinato. A muller deixa un fillo menor de idade. Xa existía unha denuncia previa contra o seu agresor por malos tratos.

Noticias web

18/02/2020