CRTVG

Buscar

A pandemia muda o xeito de celebrar a novena de Fátima, en Ourense

Publicado o 12/05/2020 20:01

A imaxe que ofrecía o santuario ourensán de Fátima, cada 12 de maio, dende hai décadas era a de milleiros de nais ofrecendo flores á Virxe polos seus seres queridos. A pandemia fixo que esa multitude fora substituída hoxe por unha ducia de mulleres...

Con menos xente, pero coa mesma carga emocional. No canto de flores este ano propoñen donativos para os máis necesitados.

Tampouco poderá haber a multitudinaria procesión dos fachos. Pero ás dez e media da noite repicarán as campás.

Un acto simbólico para encher de luz as rúas que cada 13 de maio se iluminan ao paso da Virxe.

Noticias web

12/05/2020