A pandemia leva a evitar os espazos pechados e muda os costumes cotiáns
Publicado o 13/10/2020 21:23
A pandemia da covid−19 segue a marcar o noso día a día e, case sen decatarnos, está a mudar moitos dos nosos costumes cotiás.
As zonas comerciais ao aire libre gañan adeptos nestes tempos de covid−19. Xa non visitamos tanto os centros comerciais, ata un 25 % menos segundo o propio sector. E, se o facemos, son visitas rápidas.
As limitacións de ocupación, as medidas de hixiene e protección ou as restricións derivadas da pandemia e mesmo o temor a un contaxio están a condicionar os nosos costumes cotiás como consumidores tamén á hora de decidir a que dedicamos o tempo de lecer.
A propia evolución da pandemia marcará en que medida estes cambios chegaron para marchar.
Máis sobre actualidade
28/01/2021 15:45
28/01/2021 15:20
28/01/2021 15:17
28/01/2021 15:16