CRTVG

Buscar

A pandemia do coronavirus obriga a alumnos de Betanzos a unha graduación virtual

Publicado o 27/05/2020 14:41

Coma tantos outros alumnos de segundo de bacharelato, os do Colexio plurilingüe Atocha, de Betanzos, viron como se derrubaban este ano os seus plans de graduación contra a pandemia do coronavirus.

Así, que, á falta de pan, boas son as bicas, pensaron. E, en espera de mellor hora para a prevista, tiraron de enxeño para montar unha graduación virtual a distancia con medios caseiros. Así xurdiu este vídeo, onde non faltaron mensaxes de recoñecemento.

Agora, unha vez graduados xa virtualmente, teñen por diante unha proba moito máis real: os exames da ABAU agardan por eles en apenas mes e medio. Esa xa será outra historia...

Noticias web

27/05/2020