CRTVG

Buscar

A paixón de Cristo en Filipinas recrea a resurrección con sangue e suor real

Publicado o 19/04/2019 19:39

Como cada Venres Santo, unha ducia de filipinos resucitaron hoxe a paixón de Cristo arrastrando a cruz en que foron crucificados. Unha penitencia salpicada de sangue e suor coa que buscan expiar os seus pecados. O mesmo home leva máis de 30 anos representando esta resurrección que remata cando queda cravado na cruz. Unha tradición que este ano reuniu a uns 20.000 devotos e turistas ata San Fernando de Pampanga, no norte de Filipinas. É o país máis católico de Asia, onde se vive con fervor a Semana Santa.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/04/2019