CRTVG

Buscar

Os mariñeiros da Guarda que se embarquen nas vindeiras mareas farán as probas do coronavirus

Publicado o 26/04/2020 15:31

O armador e presidente de Orpagu, a organización de palangreiros guardesa lembra con nós o episodio do Ribel Terceiro. Un tripulante comezou a ter febre e vendo que os síntomas se agravaban foi evacuado e trasladado a terra firme.

Foi o primeiro caso de positivo en coronavirus nun espadeiro galego. O barco, que foi xa desinfectado en abril, permanece no peirao de reparacións de Bouzas. Estas imaxes son de esta mesma mañá.

Este caso presentoulles un problema, nun barco con dez tripulantes compartindo lugares comúns, en mareas tan longas e coa terra a tantos días, a única maneira de conter a enfermidade é conseguir que ninguén embarque con coronavirus. Aquilo de test, test, test.

Por se algún caso positivo escapa aos tests, por realizalo nos seis días primeiros tras o contaxio descoñecido, o protocolo, que nuns días afectará a 120 tripulantes, obrigará aos mariñeiros a traballlar con guantes, máscara e extremar a limpeza dos espazos e da roupa.

Noticias web

26/04/2020