CRTVG

Buscar

A oposición e o PPdeG coinciden en reforzar a loita contra a violencia machista

Publicado o 26/09/2019 15:46

No Parlamento de Galicia, os grupos presentaron as propostas de resolución que se debaterán e votarán mañá, durante a segunda xornada do debate de estado da autonomía. Cada un dos grupos parlamentarios presentou 40 propostas sobre diversos temas de importancia.

Un dos temas que suscitará máis consensos será a loita contra a violencia machista, xa que todos os grupos presentaron propostas neste senso. En materia de dereitos e liberdade, o grupo mixto e o Grupo Común da Esquerda presentaron dúas propostas en que piden respectivamente a liberación dos políticos presos e o rexeitamento ás condenas por motivos políticos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019