CRTVG

Buscar

A OMS cualifica de "extraordinario" o hospital de campaña de IFEMA

Publicado o 01/04/2020 16:17

Mentres aínda resoaban críticas ao funcionamento do hospital temporal no recinto feiral de Ifema, a Organización Mundial da Saúde, por boca do seu máximo responsable para a COVID-19, Bruce Aylward, cualificaba a instalación como de "extraordinaria".

O representante da OMS visitou o hospital provisorio e comparouno co enorme hospital creado en tempo récord na China, no corazón da pandemia en Wuhan, pero destacando unha diferenza fundamental.

"Na China trataban pacientes leves e aquí están tratando enfermos graves. Iso é moi difícil", aseverou Bruce Aylward.

Feitos os axustes que reclamaban os profesionais sanitarios nalgunhas zonas como os vestiarios, o obxectivo agora en Ifema e poñer en marcha o máximo de servizos UCI. Hoxe mércores arrancaron as dez primeiras unidades de coidados intensivos para tratar os casos máis graves de entre os 870 pacientes que esta noite estaban sendo tratados alí.

En Valencia tamén avanzan a bo ritmo as obras para construír un hospital de campaña no complexo hospitalario de La Fe, o primeiro dos tres previstos na Comunidade Valenciana e que sumarán 1.100 camas extra ao seu sistema sanitario.

 

 

 

Noticias web

01/04/2020