CRTVG

Buscar

A OMS considera Europa o epicentro da pandemia e sinala a Italia e España

Publicado o 14/03/2020 13:38

• Trump declara a emerxencia nacional nos Estados Unidos

Hospital de campaña no norte de Italia, de onde chegan boas noticias. O confinamento extremo da poboación eliminou os contaxios na Lombardía.
No conxunto do país déronse 1.500 altas, pero séguense sumando infectados, case 18.000, e falecidos, 1.266.

Pero a Italia chegan reforzos da China: persoal sanitario con moita experiencia no virus e toneladas de material para tratar os doentes.

A OMS di que Europa remudou a China como epicentro da pandemia e sinala a España e Italia. Pero as medidas para evitar a propagación esténdense por todo o continente. Isto é, Bélxica e Irlanda. Hai infectados na maioría dos países do continente que suma xa 5.000 mortos.

Irán, outro foco de preocupación cunto con Italia. Aquí como na maioría dos países musulmáns do mundo pecharon as mesquitas e suspenderon o rezo do venres.

E preocupa a propagación nos Estados Unidos. Non se coñece a situación real da epidemia polo escaso número de probas diagnósticas realizadas polo seu sistema sanitario, basicamente privado. Donald Trump decretou esta noite o estado de emerxencia nacional polo coronavirus. A medida permitirá desbloquear ata 50.000 millóns de dólares de fondos federais para axudar aos estados e localidades máis afectados e combater a enfermidade.

Noticias web

14/03/2020