CRTVG

Buscar

A OMS advirte de que a pandemia segue avanzando polos erros dos gobernos

Publicado o 13/07/2020 21:40

A Organización Mundial da Saúde fai un chamamento aos países afectados de coronavirus para que tomen en serio a loita contra a pandemia. No día en que se bate unha nova marca de casos diarios quere a OMS alertar de que hai "demasiados países que están indo na dirección equivocada".

A mensaxe do director xeral da Organización Mundial da Saúde é clara: "Se os países afectados non toman en serio o coronavirus, a pandemia pode ir a peor". A OMS fai esta advertencia tras anunciar que nas últimas 24 horas se rexistraron 230.000 novos contaxios. Récor de casos diarios. Moi significante que case a metade se dean en só dous países: uns 60.000 nos Estados Unidos e 40.000 no Brasil.

Estados Unidos cos máis de 66.000 novos casos supera tamén a súa propia marca. Incapaz de achaiar a curva, é o país máis afectado do mundo pola COVID19. Contraeron a enfermidade arredor de tres millóns e medio de persoas, morreron máis de135.000.

O Brasil segue a Estados Unidos en número de casos e mortos. Superou xa os 1,8 millóns de casos, entre eles o presidente do país, Jair Bolsonaro, e acumula máis de 72.000 mortos.

Nesta listaxe de países afectados pola COVID-19 seguen A India, Rusia, O Perú, Chile e México. Malia todo Rusia avanza nunha desescalada que hoxe mesmo permitiu a derrogación do uso obrigatorio de máscaras e abriu centros recreativos. O virus segue estendéndose polo mundo e chama a atención que en países como Australia, que lograran contelo nun principio, están agora alarmados polos novos brotes. A súa capital, Melbourne, leva xa confinada desde o mércores pasado. Case 3,5 millóns de persoas volveron á corentena estrita este luns en Colombia. Tamén hoxe Marrocos impuxo o confinamento en Tánxer ante o aumento de casos.

As cifras de contaxios nos Estados Unidos seguen medrando: máis de 60.000 novos casos nas últimas 24 horas.

O país, que superou os 135.000 mortos, segue sendo o máis castigado polo coronavirus.

Pero a pesar destes datos, a OMS alerta de que o epicentro da pandemia se trasladara a América Latina.

O Brasil rexistra máis de 70.000 mortos e case dous millón de contaxiados, entre eles o presidente Jair Bolsonaro.

O virus segue estendéndose polo mundo, e países como Austrialia, que lograran contelo nun principio, están agora alarmados polos novos brotes.

No estado de Vitoria decretouse a alerta máxima e a mobilización do exército logo de máis dunha semana con case 200 casos positivos diarios. A súa capital, Melbourne, leva xa confinada desde o mércores pasado.

Outros países como Rusia avanzan na desescalada a pesar de rexistrar máis de 11.000 mortos e 700.000 contaxiados.

 

 

Noticias web

13/07/2020

Máis sobre actualidade