CRTVG

Buscar

A Oficina do Peregrino implanta un sistema para obter a compostela na Rede

Publicado o 17/08/2020 18:55
A Oficina do Peregrino implanta un sistema para obter a compostela na Rede

A Oficina de Acollida ao Peregrino da catedral de Santiago desenvolveu un sistema na Rede que permite ao peregrino facilitarlle o proceso de obtención da Compostela.

Segundo informou a Catedral de Santiago, neste sentido, os datos persoais que se completan no momento de recibir a Compostela poden rexistrarse de maneira previa a través da web www.oficinadelperegrino.com.

Ademais, unha vez chegado ao edificio do Centro de Acollida ao Peregrino, na rúa Carretas en Santiago, débese retirar un tícket, "que axiliza a xestión da cola", indicaron as mesmas fontes.

O tícket contén un código QR mediante o cal o peregrino pode consultar o estado da fila en tempo real, "de maneira que pode calcular o momento no que debe presentarse na oficina, evitándolle tempos de espera", segundo concretaron as mesmas fontes.