CRTVG

Buscar

A ocupación no Camiño de Santiago é do 30%

Publicado o 23/07/2020 21:17

A actividade no Camiño de Santiago retómase a pasos lentos tras o confinamento. Pouco a pouco os peregrinos van sumándose ás rutas, pero sinalan que hai moi poucos. En pleno verán e nos días previos á festividade do Apóstolo moitos relatan como fixeron alguns dos tramos case en solitario.

A baixa afluencia de peregrinos nótase xa no ambiente de vilas como Portomarín, parada obrigada no Camiño Francés e onde as prazas e as terrazas están practicamente desertas. Sinalan nos albergues que a ocupación roza só o 30%.

Con todo son optimistas, saben que este é un ano atípico e agardan que pasiño a pasiño se recupere o esplendor do Camiño.
 

Noticias web

23/07/2020

Máis sobre actualidade

Málaga 1-2 Cartaxena
05/12/2020 22:55
Fabril 1-4 Polvorín
05/12/2020 22:54
Cádiz 2-1 Barcelona
05/12/2020 22:51
Fisterra 2-0 As Pontes
05/12/2020 22:35
Arenteiro 4-2 Barco
05/12/2020 22:17
Ourense CF 3-1 UD Ourense
05/12/2020 22:10