CRTVG

Buscar

A ocupación hoteleira supera o 50 por cento nesta ponte de Santos

Publicado o 01/11/2019 15:03

Os turistas teñen nesta ponte a oportunidade de coñecer a cara máis outonal de Compostela. Hoxe na praza do Obradoiro escóitanse múltiples acentos, a maioría doutros puntos de España.

Uns acaban de chegar á cidade e farán unha visita rápida, de un só día. Moitos xa estiveron noutras ocasións en Compostela e deciden repetir experiencia.

Sara Santos é a presidenta da Asociación de Hostaleiros da cidade. Cóntanos que os 17 cuartos do seu hotel, no corazón da zona vella da cidade, están ocupados na ponte. E que, en xeral, os datos están a ser mellor do previsto.

Os datos son máis ou menos similares os doutros anos, quizais un pouco mellores nas pensións, segundo nos contan dende a Asociación de hostaleiros. Para eles é un respiro porque por diante queda a temporada baixa, que a priori, non se espera que lle dea moitas alegrías ao sector.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019