CRTVG

Buscar

A ocupación dun inmoble en Perillo, Oleiros, volve concentrar os veciños da zona

Publicado o 02/07/2020 14:23

Na área da Coruña continúa a polémica pola ocupación de vivendas. O último caso, o da ocupación dun inmoble en Perillo en Oleiros, volverá concentrar esta tarde os veciños desta zona. Aseguran que pensan seguir presionando para que as familias que se instalaron na propiedade abandonen o barrio. Son unha parella con fillos e varias persoas de idade máis avanzada. O inmoble ocupado está nun avanzado estado de deterioración e pendente de pechar unha operación de venda.

Noticias web

02/07/2020