CRTVG

Buscar

A OCU sinala a Galicia como o lugar onde máis barato é facer a compra

Publicado o 25/09/2019 15:29

Ir ao supermercado en Galicia é máis barato ca no resto de España. O gasto medio en alimentación por fogar ao ano é de 5.113 euros. Pero hai diferenzas por cidades e por establecementos.

O hipermercado máis barato de Espara é o Alcampo de Coia, en Vigo. A cesta anual da compra da OCU sae por 4.011 euros. Miguel Ángel Pascual Responsable do informe da OCU "A posibilidade de aforrar entre cidades é diferente. Por exemplo en Vigo a diferenza entre o máis caro e o máis barato é de 1.800 euros".

Son conclusións do estudo da OCU. Galicia ten a cesta da compra máis barata. En Vigo entre o supermercado máis económico e o máis caro hai máis de 1.800 euros de diferenza. Na Coruña pódense aforrar ata 1.200 elixindo supermercado e en Lugo e Ourense algo menos de mil. Os prezos da compra subiron en xeral, pero con diferenzas por cadeas de distribución. 

Miguel Ángel Pascual, responsable do informe da OCU: "Este ano a metade das cadeas subiron os prezos e a outra metade baixaron prezos. Das que baixaron prezos destaca o caso de Gadis".

Os supermercados máis caros volven estar en Madrid, tres Sánchez Romero. As comunidades máis caras son as illas Baleares e Cataluña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019