CRTVG

Buscar

A OCU recomenda consultar as gasolineiras máis baratas á hora de planificar unha viaxe

Publicado o 24/08/2019 15:00

Localízase no quilómetro 95 da estrada N-550, no lugar de Paradela, concello de Caldas de Reis. Segundo o último estudo elaborado pola OCU, é a gasolineira máis barata da comunidade próxima a unha das grandes rutas do verán: neste caso a das Rías Galegas.

A maioría da clientela é da contorna, pero moita xente de paso para atraída polos prezos anunciados na entrada da estación que é de autoservizo. A OCU recomenda consultar as gasolineiras máis baratas antes de encher o depósito. A organización ofrece información na súa páxina. Tamén existen aplicacións específicas pero o seu uso aínda non está xeneralizado.

Na ruta das Rías Galegas, que abrangue a AP-9 e a N-550, a OCU salienta outras tres estacións de servizo. En toda a comunidade, localiza dez gasolineiras: tres na provincia de Pontevedra, tres na Coruña, tres en Lugo e unha en Ourense.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019