CRTVG

Buscar

A OCU acusa a Apple de obsolescencia programada nos Iphone 6

Publicado o 02/12/2020 15:20
A OCU acusa a Apple de obsolescencia programada nos Iphone 6

A OCU demandará a Apple por un defecto na gama de móbiles Iphone 6 que, ao parecer, a compañía facía á mantenta. A organización de consumidores asegura que a compañía debería compensar os usuarios españois do mesmo xeito que o fixo cos estadounidenses.

A OCU acusa a Apple de actualizar o software dos Iphone 6 para ocultar problemas de rendemento das baterías, sabendo que isto facía que os móbiles se ralentizasen e obrigaría moitos usuarios a cambiar de modelo.

Noticias web

02/12/2020