CRTVG

Buscar

A OCDE pide elevar as cotizacións dos autónomos

Publicado o 27/11/2019 14:51

A OCDE advirte con datos. Case a metade dos traballadores en España cotizan por conta propia e deles, sete de cada dez faino sobre a base mínima. O que agora lles permite aforrar traducirase no futuro en pensións precarias. Cobrarán o 42% do que ingresará un xubilado que estivo contratado, empobrecendo toda a sociedade.

Por iso, reclámanlle ao Goberno rematar con esa flexibilidade para cotizar, aumentándolles as bases. Tamén advirte a OCDE sobre o envellecemento acelerado da poboación que se está dando en España, a un ritmo maior que a media, o que engade máis presión ao sistema polo que piden reformas para garantir o equilibrio.

Ademais, destacan que os ingresos dos xubilados españois aínda están por riba da media dos países desenvolvidos e que a idade de retiro é menor que a de países veciños como Italia ou Holanda.

Noticias web

27/11/2019