CRTVG

Buscar

A novela "O último barco" de Domingo Villar chama ao turismo literario en Moaña

Publicado o 20/08/2019 14:25
TURISMO LITERARIO

O catamarán de Moaña chega a porto. Unha páxina descrita na novela de Domingo Villar, O último barco, que convida a numerosos lectores a buscar as escenas onde se desenvolve o libro.

Unha empregada da navieira afirmou que "algún pasaxeiro do barco díxome que saímos no libro e comentóume que estaba moi ben".

En galego e castelán sitúase como un dos libros máis vendidos do momento.

Parte da trama desenvólvese na parroquia de Tirán, por exemplo no restaurante Maruxía, do que é asiduo o escritor e que agora ten novos e literarios clientes. O seu director comenta que "vén xente preguntando pola igrexia, polo paseo, pola comida. Non coñecían o que era o local e si que esta tendo repercusión, a verdade".

Os lectores pescudan pola igrexa de San Xoán de Tirán ou no pequeno cemiterio da parroquia ata confundir realidade e a ficción na procura da casa da personaxe desaparecida, Mónica Andrade.

Un veciño comentan que os lectores preguntan "onde esta o lugar onde pasou todo eso".

Ás beiras da ría con praias e miradoiros agochados póden espiar de lonxe unha cidade derramada xunto ao mar.

Un dos lectores subliña  que "éstase a 15 minutos en barco dunha cidade como Vigo, e o contraste que hai nunha zona coma esta que transpira unha intimidade e unha tranquilidade que ( o escritor) foi capaz de trasladar no libro".

O catamarán volve a Vigo quizais leve a bordo o detective Leo Caldas, como no último barco e último éxito de Domingo Villar.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019