CRTVG

Buscar

A nova normalidade deixa menos tráfico, pero máis sinistralidade nas estradas

Publicado o 24/07/2020 14:58

110 persoas faleceron nas estradas españolas dende que finalizou o estado de alarma. É o un por cento máis que nas mesmas datas do ano pasado, malia que diminuíron significativamente os niveis de tráfico: un sete por cento menos a diario e un 22 por cento nas fins de semana. O fiscal de Seguridade Viaria apunta que as causas do aumento da sinistralidade están ligadas á pandemia.

Bartolomé Vargas, fiscal de sala de Seguridade Viaria: "Os expertos aluden a que a Covid-19 xerou procesos de diminución de concentración, de fatiga e sono, que están na xénese da maior sinistralidade"

Tamén inflúe a falta de mantemento dos vehículos, porque moitos circulan sen pasar a ITV tras a prórroga establecida durante o confinamento, e o aumento do uso do vehículo privado por temor a usar o transporte pùblico.

A Fiscalía Xeral do Estado lembra que o 85 por cento dos españois vai desprazarse en coche nas súas vacacións, polo que apelan á prudencia na estrada.

Noticias web

24/07/2020