CRTVG

Buscar

A nai e seu noivo son culpables de asasinar a pequena Sara

Publicado o 25/05/2019 21:11

O 3 de agosto de 2017 a nena de catro anos Sara Feraru Muñoz morreu neste Hospital Clínico Universitario de Valladolid. O día anterior recibira unha malleira antes de ser violada. Un ano e nove meses despois un xurado popular determina no seu veredicto que a asasinou, a maltratou durante mes e medio e a violou o mozo da nai, Roberto Hernández, de 37 anos, ex-militar e membro dun grupo neonazi.

Lectura de veredicto "Culpable de maltrato habitual a Sara Feraru Muñoz por unanimidade, agresión sexual a Sara Feraru Muñoz por unanimidade, e de dar morte a Sara Feraru Muñoz por unanimidade".

Durante o xuízo a fiscal Petra Álvarez expuxo como a nai, Davinia Muñoz, cabo do exército, mirou para outro lado sen protexer á filla porque quería preservar a súa relación de parella.

O veredicto considéraa culpable dos mesmos cargos ca el pero non a considera responsable da agresión sexual nin dun delito de abandono. As acusacións populares, tanto a da asociación Clara Campoamor como a da Asociación de Vítimas de Agresión sexual e a Fiscalía piden para os dous a mesma pena de prisión permanete revisable.

Total Rocío Achúcarro. Acusación popular. "Que foi un xurado extraordinario, o presidente deulles os parabéns, porque realmente o fixeron con moitísima dedicación. Eu estou realmente emocionada".
Total Isabel Palomino. Avogada do pai biolóxico da vítima "É un día triste porque Sara non está con nós, pero entendemos que a xustiza foi exercida a través do pobo, e foi unha sentenza axustada desde o noso punto de vista".

Feliciano Trebolle, o maxistrado que presidiu a sala, ditará senteza nuns días en base ao veredicto do xurado popular.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019